Tuesday, February 27, 2007

Ramón Caamaño: Retratos da Costa da Morte

Ramón Caamaño: Retratos da Costa da Morte. "...Ramón Caamaño nace en 1908 en Muxía e iníciase na fotografía na década dos vinte, desenvolvendo o seu labor fotográfico nas diferentes vilas e aldeas da Costa da Morte.
A súa fotografía, como a dos demais fotógrafos rurais, caracterízase por unha total austeridade, como pon de manifesto o chan de terra dos seus retratos, cuberto ás veces por unha farrapeira, combinado con diferentes fondos que varían durante os vinte anos que abrangue este libro. Así comeza cun telón que era o resultado de unir tres panos e posteriormente usa outros que foi mercando e nos que se reproducen ambientes burgueses como o interior ou o exterior de pazos, alternando, nos anos corenta, con colchas que cumprían a mesma función." (es)

0 Comments:

Post a Comment

<< Home